Revista en papel

luns, 20 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

Número 276 de Código Cero en PDF

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos 25 anos que cumpre a nosa páxina web. Tamén abordamos os seguintes temas:
— O CITIC conecta A Coruña co MIT e prepara xa a IX edición do seu congreso XoveTIC
— Conclúe EDIH DataLife con máis de 600 profesionais formados en novas tecnoloxías en Galicia
— Vitae avaliou nunha xornada a utilidade da IA Xenerativa no desenvolvemento de software
— A Noite do CPEIG celebrou o papel transformador da Enxeñaría Informática
— Galicia mantén o quinto posto estatal en número de empresas do sector TIC cun total de 3.179
— En marcha o Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade
— O lecer dixital medra en Galicia ao ritmo do streaming, a música online e as redes sociais
— O Plan Director da Industria das TIC dará un novo impulso ao noso sector tecnolóxico
— A USC fixo unha proclama para garantir contornas dixitais seguras para os menores
— As actividades polo bo uso das TIC do Plan Director xuntaron en Galicia 155.738 participantes
— Feiraco e a Secretaría da Lingua entregaron os premios XIV Certame de Microrrelatos
— Entrevistamos a Manuel Rego (Igalia), coordinador do evento Web Engines Hackfest

Números anteriores de Código Cero en papel

Tódolos números da edición en papel en formato PDF para a súa descarga.